Editorial: Edicións Xerais
Colección: Crónica . Memoria
Número de páginas: 360 págs. 22.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 19-02-2014
EAN: 9788499146294
ISBN: 978-84-9914-629-4
Precio (sin IVA): 27,40 €
Precio (IVA incluído): 28,50 €
Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX. Con este marco de referencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao). Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia.