Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Costa oeste ; 147
Número de páginas: 142 págs. 20.9 x 13.5 cm
Fecha de edición: 29-02-2024
EAN: 9788411761932
ISBN: 978-84-1176-193-2
Precio (sin IVA): 14,52 €
Precio (IVA incluído): 15,10 €
Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase. Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela. A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto.