• Contos e lendas arraianos
Contos e lendas arraianos
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Contos e lendas arraianos

Rodriguez Cruz, José
Sevillano, Pilar (il.)

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Infantís-Xuvenís singulares

Número de páginas: 336 págs.  22.0 x 15.0 cm  

Fecha de edición: 05-05-2016

EAN: 9788491210467

ISBN: 978-84-9121-046-7

Precio (sin IVA): 17,31 €

Precio (IVA incluído): 18,00 €

Os contos e lendas tradicionais constitúen un dos tesouros máis interesantes do patrimonio cultural popular. Transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, en moitos casos ao longo dos séculos, son manifestacións artísticas da fantasía colectiva e conteñen un reflexo dos medos, as esperanzas, o humor ou os soños dun pobo.
Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.
Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo.
Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)