• Correspondencia (1928-1958)
Correspondencia (1928-1958)
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Correspondencia (1928-1958)

cartas inéditas e dispersas

Maside, Carlos
Rodríguez Losada, María Esther (ed.)
Tarrío Varela, Anxo (ed.)

Editorial: Alvarellos Editora

Colección: Rescate ; 20

Número de páginas: 460 págs.  21.0 x 13.0 cm  

Fecha de edición: 09-06-2015

EAN: 9788489323988

ISBN: 978-84-89323-98-8

Precio (sin IVA): 23,08 €

Precio (IVA incluído): 24,00 €

O indiscutible renovador da arte galega da primeira metade do século XX, Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958) mantivo, durante toda a súa vida, unha rica e continuada relación epistolar con gran parte da intelectualidade galega do seu tempo: a do exilio e tamén a do chamado “exilio interior” (tal era o seu caso).
Este volume, o número 20 da Colección Rescate de Alvarellos Editora, reúne 179 cartas do pintor –a maior parte delas, inéditas–: dende 1928 ata a derradeira, dous meses antes de falecer. A correspondencia, atravesada primeiro polo silencio da guerra e despois pola longa represión, foi reunida e transcrita pola catedrática de Historia María Esther Rodríguez Losada, nunha edición ao coidado do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela e que publica Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago.
Estas páxinas contan, de seu, a historia íntima dun tempo e dun país. Cartas a Luís Seoane, a Castelao, a Federico García Lorca, a Bal y Gay, a Otero Pedrayo, a Isaac Díaz Pardo, a Cunqueiro, a Paz Andrade, a Fernández del Riego, a Laxeiro... Recóllese a correspondencia de ida, e moitas veces tamén a de volta, entre a que destaca o fecundo e prolongado intercambio epistolar con Luís Seoane.
O volume complétase coa incorporación de fotografías e manuscritos nunca vistos ata hoxe.

 

Características

Idioma:
Gallego / Español
País de edición:
España
Encuadernación:
Cartoné
Temática:
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)