Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio ; 108
Número de páginas: 420 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 23-04-2021
EAN: 9788491516132
ISBN: 978-84-9151-613-2
Precio (sin IVA): 26,44 €
Precio (IVA incluído): 27,50 €
Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX. A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico. A partir de fontes ata agora pouco empregadas, nomeadamente epistolares, reconstrúense algunhas biografías intelectuais e analízase a fundación de grupos e institucións culturais, prestando especial atención ás relacións entre os núcleos de oposición no interior peninsular e co exilio americano. Dúas figuras, Luís Seoane e Ramón Piñeiro, encarnan os dous polos desas relacións, con disensos que non foron rupturas, entre os “heroes calados” do interior e os “emigrantes dun país soñado”, desde o exilio. Alén de ofrecer algunhas análises sobre a xestión da cultura, este libro axuda a entender a Galicia actual, en perspectiva comparada e nun contexto europeo e americano