Editorial: Universidad de Vigo
Colección: Monografías da Universidade de Vigo . Humanidades e ciencias xurídico-sociais ; 125
Número de páginas: 151 págs. 17.0 x 24.0 cm
Fecha de edición: 01-05-2023
EAN: 9788481589658
ISBN: 978-84-8158-965-8
Precio (sin IVA): 7,69 €
Precio (IVA incluído): 8,00 €
Nos estudos de comunicación intercultural deféndese que malia a aparente liberdade de expresión que teñen os falantes para se comunicar na súa lingua, as diversas culturas –mecanismos de control subconsciente– parecen ir moldeando a fala das sociedades ata o punto de lles imprimir un estilo comunicativo propio. Este libro céntrase principalmente na análise de tres características discursivas existentes en todas as linguas: a indireccionalidade, a atenuación e a evidencialidade, ás que lles sumamos a retranca. Preténdese poñer en relación estes catro trazos lingüísticos coa imaxe estereotipada -proveniente do exterior- do estilo comunicativo galego e, asemade, tentarase demostrar que esta imaxe está fondamente distorsionada polo prisma dende onde somos observados. A distorsión evidénciase ó comprobar que moitos outros grupos culturais integran as tres primeiras características discursivas como parte das súas prácticas comunicativas sen recibir as connotacións estereotipadas que se lle atribúen ó falante galego. Veremos que o amplo mapa das culturas deixa transparentar múltiples modos comunicativos transmitindo cada un deles unha forma de concibir a comunicación e as relacións humanas.