Editorial: Laiovento
Colección: Narrativa ; 370
Número de páginas: 152 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 05-04-2019
EAN: 9788484874423
ISBN: 978-84-8487-442-3
Precio (sin IVA): 14,38 €
Precio (IVA incluído): 14,96 €
A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo de aspiración pretenciosa, abordo os temas que máis me preocupan.
O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada unha das materias.
No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción de nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome nas propias experiencias.
Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia, no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a deturpación da paisaxe, a concepción do amor en parella ou polos nosos maiores, abandonados como electrodomésticos inservibles.
Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideas nobres (o ben e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou o prohibido) pola relixión e polos gobernos de calquera signo.
Por último, a poesía, representación total da ética e da dignidade. Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa: comprender sentindo moito.