• Dicionario do Galego do Bierzo
Dicionario do Galego do Bierzo
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Dicionario do Galego do Bierzo

DGB

Rodríguez Fernández, Sara

Editorial: Universidad de Vigo

Colección: Materiais lingüísticos ; 13

Número de páginas: 265 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 27-01-2023

EAN: 9788481589849

ISBN: 978-84-8158-984-9

Precio (sin IVA): 9,62 €

Precio (IVA incluído): 10,00 €

O Dicionario do Galego do Bierzo xorde da necesidade de recoller e de recompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, e empregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida. Grazas ao pobo, hoxe en día, pódese gozar de falas que contan con influencias de linguas próximas á comarca. O Bierzo destaca pola súa variedade lingüística debido á converxencia da lingua galega, propia e histórica da metade occidental, e da lingua leonesa, propia e histórica da metade oriental, ás que se superpuxo o castelán oficial. Debido á propia historia do Bierzo e á súa relación con Galicia, a lingua galega desempeña un papel moi significativo na fala do Bierzo. Grazas aos investigadores e ás investigadoras que están a estudar a situación das falas na comarca do Bierzo e grazas ás persoas que seguen creando obras nas que recompilan o léxico que tanta xente empregou e segue empregando actualidade, conseguirase deixar un legado lingüístico significativo para que as xeracións futuras sexan conscientes da riqueza que existe na comarca do Bierzo. O pobo é o responsable de crear as falas e, polo tanto, as linguas. Deste xeito, as falas do Bierzo seguirán evolucionando e cambiando ao longo do tempo, polo que, esta obra nunca terá fin e estará aberta a admitir con ledicia novos termos. O Dicionario do Galego do Bierzo recolle o léxico galego do Bierzo co fin de que non se perda e de que perdure para sempre, tanto nas mentes coma nos corazóns. Espérase que o galego siga presente na cultura e na fala bercianas e que, con persistencia, constancia e amor pola terra, pola tradición e pola lingua, se sigan engadindo termos que mostren a presencia da lingua galega a este Dicionario do Galego do Bierzo

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)