Editorial: Axóuxere Editora
Colección: Polimnia ; 8
Número de páginas: 176 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 25-02-2015
EAN: 9788494137952
ISBN: 978-84-941379-5-2
Precio (sin IVA): 17,50 €
Precio (IVA incluído): 18,20 €
Coñecemos a obra literaria de Rafael Dieste (1899-1981), o seu traballo dramático, a poesía, os relatos, mesmo a singular ensaística por el creada, pero pouca xente sabe da súa investigación filosófica, do seu profundo e lento proceso de estudo matemático, xeométrico, desenvolto ao longo de anos de traballo. En Dos arquivos xeométricos. Razón e realidade no pensamento de Rafael Dieste, Xosé Díaz (Lugo, 1980), armado da habilidade dun Félix Muriel contemporáneo, introdúcese nos mundos intelectuais do rianxeiro clarexándonos maxistralmente o designio diesteano do xeómetra, que é, asemade, o do poeta: participar na realidade suscitándoa ou revelándoa. O lector encontrará nesta obra, en planos de discurso imbricados, unha danza na que o espazo se mestura co tempo, o axioma se enfronta á cuestión da crise da razón, e aquela historia magnífica duns exiliados galegos que, malia a dor, mantiveron unha resistencia intelectual e creativa, é contemplada baixo a atenta mirada do deus Xano, o de dous rostros, o que albisca para aquén e para alén, para o dominio racional e para o dominio imaxinante.