Pulpeiro, Sylvia
(ed.)
Rodríguez, Pablo (1961- )
(ed.)
Editorial: Consello da Cultura Galega
Colección: Estudos migatorios
Número de páginas: 292 págs. 24.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 01-03-2015
EAN: 9788492923663
ISBN: 978-84-92923-66-3
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 – Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer.
Esta publicación contribúe a facer emerxer a súa figura na historia de Galicia, nomeadamente na parte americana, pero tamén no campo das letras galegas. Foi posible grazas ao traballo de recuperación de dúas persoas: a súa filla Sylvia Pulpeiro e o investigador ribadense Pablo Rodríguez, que construíron unha biografía en que deron voz ao propio Pulpeiro.
A través dela descóbrese o relato dun persoeiro que vai máis alá de ser o fundador e director literario de Céltiga, unha das máis importantes revistas da emigración galega en América. Compílase unha nutrida representación dos seus escritos en prosa e en verso, asinados co seu nome ou baixo pseudónimos (Xandomar, Critias...), que permiten debuxar un home fondamente asentado na terra, un observador minucioso, culto e fondamente galeguista, dotado a partes iguais dun estilo irónico e crítico. Un escritor tenaz que teceu unha ponte entre o Río da Prata, polo que navegou, e o río Eo, no que se criou