• En memoria de tanto miragre
En memoria de tanto miragre
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

En memoria de tanto miragre

estudos dedicados ó profesor David Mackinzie

Dubert García, Francisco (ed.)
Rei-Doval, Gabriel (ed.)
Sousa, Xulio (ed.)

Editorial: Universidade de Santiago de Compostela

Número de páginas: 261 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 01-09-2015

EAN: 9788416183968

ISBN: 978-84-16183-96-8

Precio (sin IVA): 14,42 €

Precio (IVA incluído): 15,00 €

En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie é un volume constituído por contribucións realizadas desde diferentes lugares do mundo e relevantes no ámbito da lingüística iberorrománica e tamén para a lingüística e literatura galegas. Estas liñas temáticas constitúen áreas de traballo centrais no historial do homenaxeado. Nesta publicación participan algunhas das voces máis representativas das devanditas áreas, tanto en Galicia coma nos Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda e Australia. O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela comprácese en ofrecer á comunidade científica esta homenaxe, expresión de gratitude e recoñecemento a David Mackenzie, quen sen dúbida contribuíu a abrir tanto Galicia ó mundo coma o mundo a Galicia.
David Mackenzie (Sutton-in-Ashfield, Nottinghamshire, 1943) estudou en Oxford e en Nottingham, onde se doutorou coa tese A critical edition with linguistic and historical introduction of the «Corónica de Santa Maria de Iria». Tralo seu paso pola British Library, foi profesor nas Universidades do Ulster (1974-1986), Birmingham (1986-1996) e Cork (1997-2008). Fundador dos centros de estudos galegos nestas dúas últimas, foi asemade colaborador habitual do Hispanic Seminary of Medieval Studies na Universidade de Wisconsin-Madison. Director tamén de diversas teses de mestrado e doutoramento de temática galega, o seu labor de investigación desenvolveuse entre os estudos ibéricos medievais, a lingüística e literatura galegas e a literatura española. O seu mestrado esténdese principalmente entre Europa e Norteamérica, onde desenvolveu o seu labor docente. Foi así mesmo profesor convidado en universidades coma as de California ou Wisconsin, e contribuíu de xeito central e decisivo á creación e expansión dos estudos galegos no mundo académico anglófono e internacional.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)