Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Heterodoxos ; 1
Número de páginas: 134 págs. 15.3 x 15.0 cm
Fecha de edición: 01-09-2022
EAN: 9788491519058
ISBN: 978-84-9151-905-8
Precio (sin IVA): 15,29 €
Precio (IVA incluído): 15,90 €
ENSER é un libro breve e xeneroso, escrito con brillantez e cunha atención característica que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala. Contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observacións políticas. Hai nel un humor sobrio e un emprego coidadoso da temperatura emocional, e a súa amabilidade é compatible cunha dureza que, máis que un trazo argumental, é unha virtude estilística. Unha dureza que é claridade, ou ausencia de elementos superfluos (Pablo Seoane)