Editorial: Edicións do Cumio
Colección: Salitre
Número de páginas: 244 págs. 21.0 x 13.4 cm
Fecha de edición: 12-02-2016
EAN: 9788482895123
ISBN: 978-84-8289-512-3
Precio (sin IVA): 13,94 €
Precio (IVA incluído): 14,50 €
A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico