Editorial: Toxosoutos
Número de páginas: 404 págs. 23.5 x 15.0 cm
Fecha de edición: 01-10-2014
EAN: 9788494222481
ISBN: 978-84-942224-8-1
Precio (sin IVA): 14,44 €
Precio (IVA incluído): 15,02 €
A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (1935-92) acadou nos últimos anos recoñecemento unánime e considerábel atención crítica, fenómenos que atoparon a súa culminación cando en 2003 se lle dedicou o Días das Letras Galegas. A pesar desta canonización aparente, Escribir na multitude: a obra literaria de Antón Avilés de Taramancos constitúe a primeira monografía en ofrecer unha análise detallada e rigorosa da totalidade das claves esenciais da súa obra, ata o de agora só estudada de xeito parcial. Tras fixar de vez os parámetros cronolóxicos correspondentes ás súas distintas etapas creativas e os trazos estilísticos fundamentais da súa produción, este libro examina aspectos como a dimentsión metapoética da obra de Avilés de Taramancos. as fecundas relacións intertextuais e interdiscursivas que estabelece coa poesía doutros autores e tradicións, e as confluencias existentes entres o seu discurso literario e os alicerces da súa definición identitaria.