Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Dombate ; 97
Número de páginas: 64 págs. 22.0 x 12.5 cm
Fecha de edición: 26-04-2021
EAN: 9788491516378
ISBN: 978-84-9151-637-8
Precio (sin IVA): 10,58 €
Precio (IVA incluído): 11,00 €
Jei Noguerol é coñecido en Galicia polo seu excelente traballo como cantautor, necesario para entender a música galega do último terzo do século pasado e do actual. Mais, alén do músico, habita nel un poeta que ten, como nas cancións, algo que contar, e faino dende un ollar directo, en absoluto alleo ao ritmo, mais concentrado en versos de granito e forza maiúscula. Un descubrimento. Un canto máis. Auténtico e limpo. Unha gorxa que rebenta para sinalar a realidade e transformala.