• Follas novas
Follas novas
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Follas novas

Castro, Rosalía de
Angueira, Anxo (ed.)

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Edición literaria . Xerais clásicos

Número de páginas: 496 págs.  22.0 x 14.5 cm  

Fecha de edición: 01-03-2016

EAN: 9788491210092

ISBN: 978-84-9121-009-2

Precio (sin IVA): 19,23 €

Precio (IVA incluído): 20,00 €

Despois de “Cantares gallegos” (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con “Follas novas” (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que “Follas novas” sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín (“A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego”), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de “Follas novas” ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación Rosalía de Castro.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Tipo de edición:
Crítica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)