Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 518
Número de páginas: 168 págs. 23.0 x 15.0 cm
Fecha de edición: 30-05-2025
EAN: 9788411764643
ISBN: 978-84-1176-464-3
Precio (sin IVA): 16,63 €
Precio (IVA incluído): 17,30 €
Marieta Carracedo é unha xornalista de Madrid que se obsesiona co traballo e coa vida da fotógrafa neoiorquina Basil Cancela, unha artista que no mellor momento da súa carreira resolve retirarse da vida pública e desfacerse da súa obra. Marieta desexa atopar as razóns que levaron a Basil a tomar unha decisión tan complexa e, polo camiño, emprende unha viaxe persoal que a leva a cuestionar os piares da súa existencia. A medio camiño entre o West Village de Nova York, Galicia e Madrid, Fóra de foco é unha obra intimista, chea de reflexións sobre a vida moderna e a relación entre a vida persoal e a profesional, pero tamén sobre o público e o privado, sobre a ambición e a soidade, e sobre as circunstancias que levan ás persoas a escoller un camiño ou outro.