• Foula e ronsel
Foula e ronsel
Ver muestra
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Foula e ronsel

os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941)

Marco, Aurora

Editorial: Laiovento

Colección: Ensaio ; 382

Número de páginas: 206 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 02-05-2020

EAN: 9788484874706

ISBN: 978-84-8487-470-6

Precio (sin IVA): 17,26 €

Precio (IVA incluído): 17,95 €

No prólogo da reedición de La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987), Carvalho Calero manifestou que había que proxectar a atención sobre a historiografía da época enfrontando con método obxectivo as fontes documentais e as testemuñas presenciais. Iso fixo a autora deste volume cando preparou a primeira edición deste libro, que obtivo o Premio Ánxel Fole en 1992. Ao material documental e gráfico proporcionado pola súa compañeira de vida Mª Ignacia Ramos Díez, totalmente inédito na altura, engadíronse valiosos testemuños de compañeiros e compañeiras que o coñeceron e trataron. A esas fontes uniuse a investigación da autora e a consulta exhaustiva de fontes hemerográficas para construír o espazo biográfico carvalhiano que abranxe de 1910 a 1941, un período crucial na súa formación e na súa vida, coa ditadura de Primo de Rivera, a República e a guerra (in)civil como pano de fondo; un período que se desenvolve en tres capítulos centrados na infancia e adolescencia no seu Ferrol natal, o primeiro; en Compostela e Ferrol, o segundo; e en Madrid, Valencia, Andalucía e Ferrol, o terceiro.
As formulacións galeguistas, a escrita, a metodoloxía da obra investigadora, o polifacetismo enciclopédico, a actividade cultural do ferrolán teñen a súa orixe no tempo que antecede ao período bélico, etapa que conformou Foula o ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941).

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Tipo de edición:
Ampliada
Otras ediciones

Foula e ronsel

Marco, Aurora

Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)