Villanueva Gesteira, María Dolores
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Letras galegas ; 29
Número de páginas: 252 págs. 19.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 30-12-2022
EAN: 9788491519669
ISBN: 978-84-9151-966-9
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha traxxectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como “un optimista radical”.