Monteagudo, Henrique
(ed.)
Salgado, Xosé M.
(ed.)
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Número de páginas: 243 págs. 24.0 x 17.0 cm
Fecha de edición: 18-04-2023
EAN: 9788419679321
ISBN: 978-84-19679-32-1
Precio (sin IVA): 19,23 €
Precio (IVA incluído): 20,00 €
Ao seu xeito rebelde -como el mesmo consideraba a súa actitude vital-, Francisco Fernández del Riego, don Paco, proxecta unha luz inmensa sobre a cultura galega contemporánea, como intelectual, editor, ensaísta e activista. Brillante licenciado en Dereito en 1935 pola USC, o golpe de estado posterior e a conseguinte guerra civil afastárono para sempre das aulas universitarias. Este libro pon o foco na súa traxectoria como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos de entusiasmo republicano, especialmente nunha das tarefas en que máis se empeñou: a galeguización da Universidade.