• Fronte da Arte
Fronte da Arte
Ver muestra
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Fronte da Arte

a arte galega no contexto europeo dos anos trinta

Bernárdez, Carlos L.

Editorial: Laiovento

Colección: Ensaio ; 379

Número de páginas: 146 págs.  21.0 x 14.0 cm  

Fecha de edición: 10-03-2020

EAN: 9788484874645

ISBN: 978-84-8487-464-5

Precio (sin IVA): 16,30 €

Precio (IVA incluído): 16,95 €

Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano, na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes, desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo, desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa –coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados “realismo de entreguerras”. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco. A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes, desemellantes mais non incompatíbeis

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Temática:
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)