Reigosa, Antonio
(ed.)
Editorial: Edicións Xerais
Colección: Libro X ; 8
Número de páginas: 240 págs. 13.0 x 20.0 cm
Fecha de edición: 22-01-2015
EAN: 9788499147802
ISBN: 978-84-9914-780-2
Precio (sin IVA): 12,02 €
Precio (IVA incluído): 12,50 €
O proxecto “Galicia Encantada” naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que percorren este «País das mil e unha fantasías» de norte a sur, de leste a oeste, do mar á montaña, da terra ao aire, da auga ao lume. Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa, guiados polo saber de máis de medio cento de coautores que exercen de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e auténtica, irremediablemente encantada