Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Memoria histórica ; 9
Número de páginas: 568 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 27-11-2023
EAN: 9788411761727
ISBN: 978-84-1176-172-7
Precio (sin IVA): 27,31 €
Precio (IVA incluído): 28,40 €
Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña é unha parte da Historia dos homes e mulleres que fixeron que aquela idea de que en Galicia a sublevación dos militares franquistas foi un paseo sen resistencia, virase nunha falsidade perfectamente constatada, plena de argumentario intelixente, deixando que falen os documentos. É este un traballo rigoroso onde a autora achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia da Coruña, tamén con conexións noutras provincias. Recóllense biografías individualizadas e un amplo contexto onde situar o fenómeno das guerrillas na provincia da Coruña, a máis activa e combativa, aínda que en todo o país tivo un papel importante tras o final da Guerra Civil e a posterior ditadura. Homes e mulleres senlleir@s, como Benigno Andrade García Foucellas, Manuel Ponte Pedreira, Adolfo Allegue Allegue Riqueche e Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, comparten protagonismo con outros e outras menos coñecidos, grazas a un salientable traballo de pescuda arquivística que nos achega Lupe Martínez