Editorial: Edicións Xerais
Colección: Poesía ; 95
Número de páginas: 72 págs. 22.0 x 14.5 cm
Fecha de edición: 13-06-2024
EAN: 9788411105613
ISBN: 978-84-1110-561-3
Precio (sin IVA): 12,45 €
Precio (IVA incluído): 12,95 €
Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen le confrontándoo a unha violencia incómoda e ás distintas capas do sufrimento. Tece un diálogo que nace do individual e se proxecta cara ao colectivo, dando voz ás desposuídas, ás que viven nas marxes e loitan por seguir camiñando na superación do abandono e dos múltiples desencontros. A vida habita nas fendas, nesas feridas apenas cicatrizadas. A luz da resiliencia ábrese paso nos intersticios, conéctanos co presente e coas demais, nunha rede que nos sostén sobre o abismo. Ás veces, contra todo prognóstico, a luz abrolla despois de abandonar todas as nosas loitas..