Editorial: Hércules
Número de páginas: 536 págs. 30.0 x 22.0 cm
Fecha de edición: 19-09-2014
EAN: 9788492715886
ISBN: 978-84-92715-88-6
Precio (sin IVA): 176,92 €
Precio (IVA incluído): 184,00 €
A Historia de Galicia desde as últimas décadas do pasado século ata hoxe.
Ese é o novo reto de Hércules de Ediciones, que aborda as últimas décadas da nosa historia, con todo o que iso conleva: Dende a etapa preautonómica ata os primeiros presidentes preautonómicos (Antonio Rosón e Xosé Quiroga Suárez), o primeiro capítulo debulla a maneira en que o artellamento político de Galicia da os primeiros pasos cara á democracia.
A seguir, a construcción da Autonomía comeza coas primeiras eleccións autonómicas, a constitución do Parlamento e o investimento de Xerardo Fernández Albor como presidente dunha Xunta que aínda non tiña sede fixa. O regreso dos restos de Castelao, o ingreso na Comunidade Económica Europea ou o nacemento de RTVG son algúns dos feitos máis salientables daquel tempo.
Unha moción de censura desbotou a Albor da cadeira presidencial e un novísimo Fernando González Laxe ocupou o seu sitio á fronte dun goberno tripartito que creou as universidades da Coruña e Vigo.
Manuel Fraga desembarca en Galicia para quedarse durante tres lustros: os grandes eixos de comunicación, o traspaso de competencias sanitarias, o Xacobeo..., a Cidade da Cultura e, finalmente, o Prestige.
Emilio Pérez Touriño na presidencia e Anxo Quintana na vicepresidencia, gobernarán catro anos poñendo o acento nas políticas públicas e na ordenación urbanística.
Alberto Núñez Feijóo convérsese en presidente ao primeiro intento e da un xiro completo á política anterior. Na peor crise da historia do noso país, coa extinción das caixas de aforros e a desaparición do Banco Pastor, é quen de refrendar un segundo mandato.
A abdicación do rei Juan Carlos I pecha un ciclo convulso e de agotamento do modelo da transición, que se ten que reinventar.