• Historia da literatura galega, 3
Historia da literatura galega, 3
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Historia da literatura galega, 3

De 1916 a 1936

Pena, Xosé Ramón

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Universitaria

Número de páginas: 520 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 06-10-2016

EAN: 9788491211075

ISBN: 978-84-9121-107-5

EAN: 9788499145518 (o.c.)

ISBN: 978-84-9914-551-8 (o.c.)

Precio (sin IVA): 24,04 €

Precio (IVA incluído): 25,00 €

Continuando o relato iniciado polo primeiro volume –Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853– e polo segundo –Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento–, aparece agora a terceira entrega do ambicioso proxecto emprendido por Xosé Ramón Pena. Trátase, en liña cos labores anteriores, de construír unha narración proporcionada e obxectiva da etapa vivida polas letras galegas entre 1916 –data da fundación das Irmandades da Fala– e xullo de 1936 –momento en que deu inicio a Guerra Civil española–. Unha xeira que ben merece o cualificativo de «anos de prata», xa que asistimos nese tempo á consolidación dunha literatura galega que acada a súa plena madurez, en directa converxencia coas correntes estéticas universais: isto é, unha afinidade que a obra escrita no idioma de noso –a pesar dos magníficos relampos atinxidos no século XIX, e singularmente da man de Rosalía de Castro– non amosara desde a Idade Media, coa eclosión do lirismo trobadoresco.
Comprender os textos literarios producidos nese período como parte integrante –en interacción continua– da mobilización galeguista/nacionalista; consideralos, xa que logo, na súa dimensión sociocultural e sociopolítica; indagar neles a preocupación, por parte dos seus creadores, respecto da concreción dunha estética nacional; abordar o macrotexto que conforman na súa converxencia vertical e na súa proxección horizontal, configuran outros tantos piares que alicerzan a tarefa das presentes páxinas. Unhas páxinas, ademais, nas que Xosé Ramón Pena buscou considerar o conxunto do bosque literario, mais tamén discernir, alén de prexuízos e clixés, a verdadeira dimensión das especies que o compoñen

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Otras ediciones
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)