Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 502
Número de páginas: 204 págs. 23.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 15-04-2024
EAN: 9788411762069
ISBN: 978-84-1176-206-9
Precio (sin IVA): 17,69 €
Precio (IVA incluído): 18,40 €
Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte.
Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: “Un para todos...”, armados de luz e palabra.
E se “todo está na palabra” en termos nerudianos, a palabra poética será a única arma salvavidas que nos ha rescatar dos desérticos mares que nos ameazan: a intolerancia, a insensibilidade, e mais a ignorancia.