• Insubmisión ambigua
Insubmisión ambigua
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Insubmisión ambigua

voces e relatos alén da monosexualidade

Lema París, Ánxela (ed.)
Amigo-Ventureira, Ana (ed.)

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Ensaio ; 35

Número de páginas: 192 págs.  22.0 x 14.5 cm  

Fecha de edición: 13-03-2025

EAN: 9788411106153

ISBN: 978-84-1110-615-3

Precio (sin IVA): 19,18 €

Precio (IVA incluído): 19,95 €

Benvide a esta sorte de asemblea-aquelarre de corte libertario. Aquí estamos es ambigües, fluídes, indecises, reivindicándonos cómplices do que escape dun esencialismo que precisa que nos identifiquemos con respecto a un único xénero (definido, ademais, baixo uns parámetros moi concretos) polo que sintamos atracción sexual e/ou romántica. Se a fluidez ou a ambigüidade se senten como ameaza en tantos espazos débese, en gran medida, a romperen cos binarismos. A incapacidade de poder situarnos nun sitio ou noutro, de sabernos en continuo movemento, incomoda. O cisheteropatriarcado quérenos ordenades, predicibles e ben definides. Por iso, nós reivindicámonos ambigües, confuses, inestables, indóciles, desobedientes e problemátiques, porque se iso molesta débese, xustamente, a que fai cambalear todos os sistemas: o cisheterosexual, o monosexual e o monógamo. Aí encóntrase, baixo o noso punto de vista, a verdadeira revolución. Tratando cuestións tan porosas, facíanos falta un enfoque colectivo, porque xuntes somos máis fortes, crecemos e creamos mellor. Aquí poderás encontrar textos de persoas que, tal como fixeron no seu momento quen representaron o fenómeno da insubmisión, se negan cada día a se incorporar a filas, pero tamén a declarar obxección de conciencia. Así, este libro-aquelarre ofrécenos desde textos máis biográficos e políticos, até textos máis literarios que contribúen á creación dun imaxinario artístico e literario non-monosexual, falamos desde e para a periferia, tamén territorial e lingüística

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)