• Introdución ás relatividades de Einstein
Introdución ás relatividades de Einstein
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Introdución ás relatividades de Einstein

Vilalta, Ramón

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Básicos . Ciencia

Número de páginas: 144 págs.  20.0 x 13.0 cm  

Fecha de edición: 10-05-2018

EAN: 9788491213710

ISBN: 978-84-9121-371-0

Precio (sin IVA): 14,90 €

Precio (IVA incluído): 15,50 €

É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación.No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral.Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da ‘vaca esférica’), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)