Editorial: Edicións Xerais
Colección: Merlín ; 273
Número de páginas: 152 págs. 19.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 11-10-2018
EAN: 9788491214106
ISBN: 978-84-9121-410-6
Precio (sin IVA): 12,98 €
Precio (IVA incluído): 13,50 €
Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusu ma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. ''Kusuma'' é unha historia de aventuras, de cooperación, de superación e de amizade; un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos ao descoñecido son o camiño máis enganoso e máis inxusto para tratar de entender o mundo