• Leiro
Leiro
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Leiro

casas e xentes

Fernández González, Frutos

Editorial: Tórculo Edicións (Andavira)

Número de páginas: 312 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 26-03-2025

EAN: 9788412975895

ISBN: 978-84-129758-9-5

Precio (sin IVA): 21,15 €

Precio (IVA incluído): 22,00 €

Leiro. Casas e xentes é un libro de historia, da historia da vila de Leiro, pero contada dun xeito peculiar: a través das súas casas e das familias que as habitaron. E son as historias desas casas e das persoas que formaban tales familias, coas súas actividades, cos seus traballos, cos seus estudos, cos seus negocios, as que, situadas por diante do fondo polo que transcorre o tempo histórico, configuran o relato colectivo que o autor realiza. Pero o fondo tamén resulta importante, porque a historia de Leiro, coma a de calquera outra vila, non é unha historia illada: está imbricada na propia historia de Galicia, na de España, e incluso na mesma historia universal. Como dicía Marc Bloch, a historia local debe de ser a resposta a preguntas de historia xeral feita sobre datos proporcionados por un campo de experiencia reducida. Por iso, este libro, aparte da atender ó natural e lexítimo interese que todos temos en coñecer mellor aquelo que amamos, no coñecemento da historia en xeral, un progreso que, sen dúbida, contribuirá á consecución do principal anhelo que supoñía o gran La Bruyere en todo verdadeiro autor: que os seus libros axuden ós lectores a ser mellores.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)