Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 545
Número de páginas: 96 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 10-04-2025
EAN: 9788411106719
ISBN: 978-84-1110-671-9
Precio (sin IVA): 16,30 €
Precio (IVA incluído): 16,95 €
Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposible a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía. Cun foco iluminando sempre a ciencia e a arte, paixón das protagonistas, "Libro das contrarias" é unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacións de emoción plena.