Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 386
Número de páginas: 152 págs. 22.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 14-01-2016
EAN: 9788499149677
ISBN: 978-84-9914-967-7
Precio (sin IVA): 16,01 €
Precio (IVA incluído): 16,65 €
Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida.
O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar o presente, liquidemos o futuro. Así, como cadre. Nada está fóra do mercado. Vivimos nunha exposición permanente. Oxidación continua e renovación de catálogos. Tamén nos seres humanos. Sobre todo neles. A mellor publicidade é boca a boca. Non se fíe da pantalla. As dimensións da vida axústanse, por definición, ao tamaño do respectivo espazo comercial. Todo está de sobra, pero nunca hai abondo. A biodiversidade en regresión e os sucedáneos en alza. Atope as diferenzas. A vida en modo apocalipse selfie. Se non podes facelo, non perdas tempo en contalo