• Lume na periferia
Lume na periferia
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Lume na periferia

Para unha historia do cinema en lingua galega

Nogueira, Xosé (ed.)

Editorial: Editorial Galaxia

Colección: Pantallas ; 4

Número de páginas: 280 págs.  21.0 x 13.5 cm  

Fecha de edición: 15-11-2021

EAN: 9788491517665

ISBN: 978-84-9151-766-5

Precio (sin IVA): 21,35 €

Precio (IVA incluído): 22,20 €

Cumpridos xa máis de dez anos des que o crítico, programador e produtor Martin Pawley cuñou, en complicidade con Xurxo González, a etiqueta Novo Cinema Galego, parece chegado o momento de facer balance acerca do acontecido na nosa cinematografía ao longo desta última década. Neste sentido, o presente libro non pretende tanto historiar o cinema galego dos últimos anos como propor unha serie de reflexións de carácter poliédrico desenvolvidas por autores que combinan diversas disciplinas (nalgúns casos conflúen varias na mesma persoa), de maneira que poidan resultar complementarias ás xa existentes. Como resultado, o lector atoparase cunha rica malla de entrecruzamentos que mesmo rebordará a estrita denominación de Novo Cinema Galego tentando espallarse cara a outras propostas e prácticas. Asemade, a enorme mutación propiciada polos soportes e canles dixitais comportou felizmente a transformación das posibilidades de creación e difusión e mais a irrupción da ollada propia ou —mellor— dun heteroxéneo e rico conxunto de miradas, ben que en último termo vencelladas entre si por unha serie de trazos comúns. Unhas miradas que chegaron lonxe, que rebordaron de vez as fronteiras do noso país e que demostraron que si, que definitivamente prendeu o lume na periferia. Vaiamos, pois, cara a el.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)