Hermida, Sabela
Casares, María
Editorial: Edicións Xerais
Número de páginas: 184 págs. 23.5 x 16.0 cm
Fecha de edición: 08-09-2022
EAN: 9788411101448
ISBN: 978-84-1110-144-8
Precio (sin IVA): 19,71 €
Precio (IVA incluído): 20,50 €
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés.Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa biografía, da súa evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio.Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, María Casares atopou no teatro unha patria eterna e universal. A importancia do seu legado artístico e filosófico é sobresaliente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época e nunha auténtica icona para a intelectualidade republicana e galeguista exiliada en Latinoamérica.