• María Muñoz de Quevedo
María Muñoz de Quevedo
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

María Muñoz de Quevedo

a Escola Coral Cubana

Río Iglesias, Irene del

Editorial: Edicións Positivas

Colección: Plural ; 25

Número de páginas: 208 págs.  23.0 x 15.0 cm  

Fecha de edición: 10-06-2016

EAN: 9788494273919

ISBN: 978-84-942739-1-9

Precio (sin IVA): 17,31 €

Precio (IVA incluído): 18,00 €

María Muñoz de Quevedo, nome artístico da coruñesa María Muñoz Portal, abre un novo período na historia musical de Cuba. Emigra nova a Cuba para crear unha grande obra que acada os nosos días: a fundación do movemento coral cubano. Supón un caso excepcional en canto á dirección coral e composición feminina se refire, na nómina de directores e compositores galegos da primeira metade do século XX. Amiga e colaboradora de Alejandro García Caturla e Amadeo Roldán, amiga tamén de Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Zenobia Camprubí, Luis Amado-Blanco e Isabel Fernández, e tantos outros intelectuais destacados da súa época, vive un importante momento de renovación musical na Maior das Antillas, ao cal tamén contribúe desde o seu vangardista labor musical e pedagóxico, adquirido do seu mestre Manuel de Falla. O seu traballo crea a prolífica Escola Coral Cubana. É fundadora da Coral de La Habana, da revista Musicalia, así como da Sociedad Cubana de Música Contemporánea e de numerosas escolanías. Introduce o ensino da música e o canto coral no sistema educativo cubano coa metodoloxía da Escola Nova. Reivindica o negrismo (ou afrocubanismo) no marco da Arte Nova, preconizada polos integrantes do Grupo Minorista. Este libro abre un camiño inexplorado para outros investigadores que poderán modificar, engadir e reformular nesa procura sempre apaixonante polo coñecemento do ser humano e a sociedade.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)