• Maternidade fóra de catálogo
Maternidade fóra de catálogo
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Maternidade fóra de catálogo

Tojo, Marga

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Libro X ; 23

Número de páginas: 192 págs.  20.0 x 13.0 cm  

Fecha de edición: 10-05-2018

EAN: 9788491213727

ISBN: 978-84-9121-372-7

Precio (sin IVA): 13,94 €

Precio (IVA incluído): 14,50 €

" Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer. No medio desa experiencia " Maternidade fóra de catálogo " analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares. Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz. " Maternidade fóra de catálogo " pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir. " Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo que, partindo dun relato en primeira persoa, aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)