Caamaño Isorna, Francisco
Figueiras Guzmán, Adolfo
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Colección: Biblioteca de divulgación . Científica
Número de páginas: 113 págs. 19.0 x 11.0 cm
Fecha de edición: 10-01-2017
EAN: 9788416954117
ISBN: 978-84-16954-11-7
Precio (sin IVA): 9,62 €
Precio (IVA incluído): 10,00 €
Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou radicalmente. En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de apenas unha ducia de medicamentos eficaces ao uso de miles de moléculas con finalidade terapéutica. A explosión farmacolóxica, da que foi responsable en boa medida a industria farmacéutica, deu lugar a grandes avances no tratamento de enfermidades que antes eran mortais. Hoxe a prescrición constitúe a expresión terapéutica máis frecuente e de maior repercusión económica. Nun contexto de fonda crise económica, o importante peso do gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este, polo tanto, un bo momento para a ollada —rigorosa e divulgativa— de dous especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por que