Editorial: Baía Edicións
Colección: Baía narrativa
Número de páginas: 64 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 15-02-2024
EAN: 9788499954448
ISBN: 978-84-9995-444-8
Precio (sin IVA): 11,54 €
Precio (IVA incluído): 12,00 €
Xoana, a que está por vir, a desexada, resultado dun acto libre de compromisos, recibe de súa nai o legado da memoria persoal e colectiva, legado que a sitúa na realidade das mulleres da familia e que lle entrega a modo de advertencia e prevención, mais tamén como impulso para buscar a propia felicidade e lugar no mundo. Non exenta de crítica social, esta historia, encadeada sobre a maternidade ao longo de distintas xeracións dunha familia, é tamén unha historia colectiva, e como tal relativiza as “verdades absolutas” dunha época, e anima a loitar pola propia felicidade e transformar a sociedade máis aló de convencionalismos.