Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Libros do Sarela
Número de páginas: 82 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 24-10-2018
EAN: 9788416460502
ISBN: 978-84-16460-50-2
Precio (sin IVA): 12,02 €
Precio (IVA incluído): 12,50 €
Don Ramón del Valle-Inclán agoniza nunha das habitacións do sanatorio de Villar Iglesias en Santiago de Compostela. É o 5 de xaneiro de 1936. Nestas horas derradeiras xorden diante da súa figura protagonistas da súa vida –familia e amigos– mais tamén personaxes das súas obras. Todos eles dialogan nun mundo mesturado de vida real e ficción.
Velaquí o inicio desta peza teatral que é así mesmo pura literatura. Son as Memorias da árbore da noite triste, que fan referencia a unha árbore real, baixo a que Hernán Cortés chorou a súa derrota ante o pobo indíxena mexicano. Un antepasado de Valle morrera naquela batalla.
Este último acto de don Ramón, escrito pola actriz e directora teatral Fátima Rey, destila dinamismo, forza nos diálogos e sabia recreación de ambientes. E penetra, dun xeito novo, na vida e obra dun dos máis grandes creadores das letras hispanas.