Editorial: Ápeiron (España)
Colección: Faber & Sapiens
Número de páginas: 78 págs. 21.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 18-02-2022
EAN: 9788412518320
ISBN: 978-84-125183-2-0
Precio (sin IVA): 13,46 €
Precio (IVA incluído): 14,00 €
O presente traballo aborda o estudo de dúas figuras senlleiras das tradicións orais galega e irlandesa, as mouras e as fairy ou fairy women, e as súas posibles variantes nas linguas respectivas. Mediante esta análise, trataremos a posible orixe común destas realidades, así como os paralelismos semánticos, sintácticos, estruturais e pragmáticos dos relatos que estes personaxes protagonizan. Neste punto, contrastaremos a validez para estas lendas das teorías sobre as funcións e as esferas de acción que Vladimir Propp propoñía como condición necesaria para os contos máxicos ou míticos. Finalmente, valoraremos as diferentes escollas no caso dunha tradución, alicerzando o noso criterio no respecto polo polisistema da lingua meta.