• Murguía
Murguía
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Murguía

Barreiro Fernández, Xosé Ramón

Editorial: Editorial Galaxia

Colección: Grandes biografías ; 1

Número de páginas: 983 págs.  23.0 cm  

Fecha de edición: 01-01-2012

EAN: 9788498654257

ISBN: 978-84-9865-425-7

Precio (sin IVA): 38,46 €

Precio (IVA incluído): 40,00 €

Biografía del historiador y fundador de la Real Academia Galega, esposo de Rosalía de Castro.
Con esta biografía de Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, o historiador Barreiro Fernández, que tamén presidiu esa institución, pon nas mans dos lectores unha obra magna, case mil páxinas para recoller e transmitir o tempo vital de quen foi unha das figuras esenciais do galeguismo. Manuel Murguía (1833-1923) foi o máis destacado representante do nacionalismo galego no século XIX. A súa obra como historiador e escritor está dedicada enteiramente á idea de Galicia como nación; é autor de títulos fundamentais coma Los precursores e Historia de Galicia, nos que se asentan as bases da cultura galega contemporánea. Coa súa obra, a historia de Galicia configúrase como historia nacional. Vencellado á publicación da obra de Rosalía de Castro, con quen estivo casado, foi o primeiro presidente da Real Academia Galega. O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, un dos grandes especialistas na historia contemporánea de Galicia, traza nesta biografía un retrato fidedigno do personaxe e, con pulso narrativo e rigor documental, relata as circunstancias nas que a obra e as ideas políticas de Murguía viron a luz.

 

Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)