• Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)
Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)

Regueira, Mario

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Universitaria

Número de páginas: 352 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 16-01-2020

EAN: 9788491216346

ISBN: 978-84-9121-634-6

Precio (sin IVA): 25,48 €

Precio (IVA incluído): 26,50 €

A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas que sempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais, tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como na estratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudo que presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia. Desta forma, a pesar do foco inicial no desenvolvemento da narrativa, a proposta do autor aborda a relación desta con outras producións, sinaladamente as de tipo ideolóxico, abordando a reconstitución dun campo literario galego e o papel normativo que neste proceso tomou a editorial Galaxia. Desde a conquista das institucións até a configuración dun marco ideolóxico, filosófico e historiográfico que predeterminou unha idea concreta do país e da súa literatura, Mario Regueira explora tamén os espazos de sombra que esas estratexias deixaron: as discrepancias co exilio, a ruptura das novas xeracións de autores, a débeda con filosofías de corte esencialista ou o papel de mediación que o proxecto culturalista chega a representar fronte á ditadura e algúns sectores do franquismo como características deste primeiro período da editorial. Mario Regueira aborda o período da posguerra desde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegas máis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunha visión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectos tratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografía literaria propia.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)