• Narrativas do Brexit
Narrativas do Brexit
Disponibilidad:
Según respuesta del editor
Comprar

Narrativas do Brexit

escribir a fronteira británica en tempos de crise

Alonso Alonso, María

Editorial: Universidad de Vigo

Colección: Miscelánea

Número de páginas: 80 págs.  24.0 x 17.0 cm  

Fecha de edición: 25-04-2023

EAN: 9788481589641

ISBN: 978-84-8158-964-1

Precio (sin IVA): 5,77 €

Precio (IVA incluído): 6,00 €

O 23 de xuño de 2016 o Reino Unido votou a favor da súa saída da Unión Europea. Este feito coñécese no argot político como o ‘Brexit’ e motivou a aparición dunha serie de novelas que abordan este acontecemento político dende a ficción, principalmente en lingua inglesa. Nos diferentes capítulos deste libro, propoño utilizar postulados teóricos dende o ámbito dos estudos poscoloniais (Said, 1978; Gilroy, 2004; Koegler, Malreddy e Tribucke, 2020; entre outros) e da identidade (Kristeva, 1988; Bromhall, 2019; Hauthal, 2021; entre outros) para analizar conceptos como o de ‘national chauvinism’ (Bieber, 2018) ou o de ‘white supremacy’ (Sayer, 2017) á hora de achegarnos ao Brexit a través do corpus narrativo do que xa se coñece como ‘BrexLit’. A análise deste corpus literario divídese en catro capítulos diferentes nos que, despois dunha breve achega a dúas novelas que xa imaxinaban a saída do Reino Unido da Unión Europea antes mesmo de que o Brexit fose unha posibilidade, abórdase a dicotomía que se pode atopar entre obras conectadas co presente máis inmediato do país como Autumn, The Lie of the Land, The Cut, Middle England ou A Stranger City, e outras que utilizan a ficción especulativa para imaxinar o futuro próximo dun Reino Unido illado, dividido e mesmo desesperanzado como Exit West, Times of Lies, Perfidious Albion, The Wall, The Cockroach ou The Paper Lantern. O libro remata cun capítulo sobre a BrexLit en lingua galega e cunha entrevista inédita con Anna R. Figueiredo, autora da novela Os bicos feridos.

 

Características

Idioma:
Gallego
País de edición:
España
Encuadernación:
Rústica
Suscríbete a nuestra newsletter
© 2023 Pórtico Librerías
Muñoz Seca, 6 - 50005 Zaragoza (Spain)