Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Libros do Sarela
Número de páginas: 55 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 15-07-2014
EAN: 9788489323612
ISBN: 978-84-89323-61-2
Precio (sin IVA): 7,69 €
Precio (IVA incluído): 8,00 €
O gran poema grego da Odisea, onde Homero describe a peripecia do heroe Ulises ata regresar á súa patria, Ítaca, é o fío condutor desta recreación poética de Rafael Catoira Rey.
En Navegando cara a Ítaca, a vida —e a poesía— móstranse como a viaxe imprevisible que efectivamente son.
A obra principia cun "Ítaca non existe" para proseguir logo con esta declaración de intencións: "Viaxo ó teu encontro. /Non chegar nunca,/ gozar só do presaxio" (...).
Polos versos de Rafael Catoira van transitando algúns dos personaxes do poema homérico: Ulises, a súa muller Penélope, o seu fillo Telémaco, o xigante Polifemo... Aos que fai falar e reflexionar, e aos que a voz poética tamén interpela.