Editorial: Chan da Pólvora
Colección: ELBa ; 7
Número de páginas: 59 págs. 20.3 x 13.0 cm
Fecha de edición: 18-05-2023
EAN: 9788412590586
ISBN: 978-84-125905-8-6
Precio (sin IVA): 14,42 €
Precio (IVA incluído): 15,00 €
Neve parte dun feito histórico para construír un singular exercicio literario sobre a memoria pero tamén sobre o compromiso.
O luns tres de abril de 1917 chegaba á Estación de Finlandia –na actual San Petesburgo– o “tren que cambiou o mundo”, como se denominaría logo. Nel regresaban do exilio Vladimir Ilich Uliánov, máis coñecido como Lenin, e Nadezhda Krúpskaya, a súa compañeira, impulsora do sistema pedagóxico soviético e dunha decisiva rede de bibliotecas. A partir da figura desta muller –con frecuencia esquecida á sombra de Lenin– Brenda Mondelo reconstrúe aquela viaxe. Faino alancando por riba da crónica histórica nun proxecto literario orixinal e inédito que se nutre de continuos saltos temporais e xeográficos. A autora non só lle rende homenaxe a Krúpskaya –unha personalidade política e humana pola que sinte grande admiración– senón tamén ás xentes do seu Ancares natal, ao seu avó –que cunpriu cen anos o día no que acabou o poemario– ou a todas as persoas que desde nena a fixeron ter conciencia de clase. Estamos ante libro de poderosas emocións que ten por tras do espello, nos ollos, un prado nevado.