Editorial: Laiovento
Colección: Ensaio ; 329
Número de páginas: 126 págs. 21.0 x 14.0 cm
Fecha de edición: 30-05-2016
EAN: 9788484873181
ISBN: 978-84-8487-318-1
Precio (sin IVA): 13,46 €
Precio (IVA incluído): 14,00 €
Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou crónicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esixencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames da concepción do que é o xornalismo para el, isto é, un exercicio dominado pola filosofía da subversión, pola oposición aos desmáns do poder, polo desexo de converterse nun medio de coñecemento e de difusión dos valores da xustiza e da solidariedade. [...]
Ao meu xuízo, o máis interesante destas prosas é sempre ese arrecendo de inconformismo cos tempos que vive e que expón desde unha dialéctica extraordinaria, sen deixar de recorrer ás veces ao exabrupto para axitar conciencias. Lueiro sempre di todo explicitamente: mostra o seu desacordo coa dirección que colleron as cousas desde a reforma política, amosando unha seria e sustentada desconfianza respecto do rumbo que ían adquirindo tanto a situación política galega como a española.