Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria ; 381
Número de páginas: 128 págs. 21.0 x 13.5 cm
Fecha de edición: 30-01-2019
EAN: 9788491513001
ISBN: 978-84-9151-300-1
Precio (sin IVA): 14,90 €
Precio (IVA incluído): 15,50 €
Un montón de relatos, textos, poemas, monólogos, diálogos, excursións lingüísticas... para abordar unha vida en permanentes números vermellos. Mais non estamos a falar, só, de economía, que tamén, senón de todas as anemias que trae consigo a precariedade, a incerteza, a dúbida, as leas da vida moderna para alguén que quere abrirse camiño no traballo, no amor, na procura da propia identidade feminina.
A través dunha narradora que se converte en protagonista retrátase unha sociedade, a nosa, fragmentada, difícil, moitas veces desesperanzada, sobre todo para a xente máis nova. Un libro cheo de triplos saltos mortais dunha escritora que nos interpela e pregunta con canonazos enviados directamente á liña de flotación das nosas conciencias.
E con moito humor. Que non falte.
Xa que estamos en números vermellos.