Editorial: Edicións Xerais
Colección: Fora de xogo ; 166
Número de páginas: 192 págs. 21.0 x 13.0 cm
Fecha de edición: 10-11-2016
EAN: 9788491210924
ISBN: 978-84-9121-092-4
Precio (sin IVA): 11,54 €
Precio (IVA incluído): 12,00 €
Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iría moita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foi algo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe de lecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse e asumir riscos. O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando a serie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas con Perigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriores publicadas na colección Merlín de Xerais