Editorial: Edicións Xerais
Colección: Xerais narrativa ; 537
Número de páginas: 216 págs. 23.0 x 15.5 cm
Fecha de edición: 21-11-2024
EAN: 9788411106078
ISBN: 978-84-1110-607-8
Precio (sin IVA): 17,79 €
Precio (IVA incluído): 18,50 €
Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. Alma naceu no Norte porque seus pais, recrutados desde o continente africano, remataron traballando nunha das milleiros de granxas abandonadas que había. Carla fixo o posible por salvar unha nai que xamais coñeceu e un pai que marchou demasiado cedo. An tivo que loitar desde ben pequeno contra as expectativas que o resto da xente deitaba sobre el. Estas tres vidas, e todas as que con elas arrastran, entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade e á discriminación. A violencia nunca é a solución. Ata que o é.